O ere planea sobre o persoal do Corte Inglés
Publicado o 26/02/2021 17:12

Os empregados do Corte Inglés poderían enfrontarse a un posible expediente de regulamento de emprego. Sería o primeiro que presentarían na historia desta empresa presente en varias cidades galegas.
Descoñécese polo momento como se aplicaría. A filtración do suposto ERE coincide co inicio da negociación do novo convenio colectivo sectorial. Negociación que comezou o luns sen achegamento nas posturas.
Ao mesmo tempo, a patronal propón unha conxelación dos soldos dos empregados neste novo convenio para os vindeiros catro anos.