CRTVG

Buscar

O equipo Galimplant regresa do Dakar con sensacións positivas

Publicado o 19/01/2020 23:37

A aventura galega no Dakar deixou sensacións positivas no equipo Galimplant, que esta tarde aterrou no aeroporto coruñés de Alvedro.Agardaban por eles amigos e familiares orgullos do seu papel.

Unha avaría no terceiro día de competición obrigou aos irmáns Pedro e Marcos Burgo a abandonar, pero, na súa primeira participación no rally, o piloto monfortino Eduardo Iglesias conseguiu o obxectivo de completar as doce etapas na categoría de motos. Sufriu máis na primeira semana de competición. Non lle preocupaba o posto final, pero logrou rematar entre os cen primeiros clasificados.
 

Noticias web

19/01/2020