CRTVG

Buscar

O Envialia gaña con claridade ao Telde e achégase á fase polo título

Publicado o 15/02/2021 22:36

O Ourense Envialia impúxose por 6-2 ao Telde, pechacancelas do seu grupo na Primeira División Feminina de fútbol sala, e consolida a cuarta praza, a última das que dan acceso á pelexa polo título. 

No treito final da primeira metade, as de Morenín encamiñaron o partido a partir do minuto 10, cando Jenny Lores (2), Chiky e María Arias conseguiron ter a eficacia que faltou no inicio do encontro.

Ao descanso, o resultado era de 4-1. Quedou redondeado na segunda metade con dous goles de Iria Saeta. 

Noticias web

15/02/2021