CRTVG

Buscar

O Entroido xa loce en todo o seu esplendor na provincia de Ourense

Publicado o 01/03/2019 15:56

Foi unha noite longa a que se viviu en moitos puntos da provincia de Ourense.
Celebrouse o Xoves de Comadres e milleiros de mulleres tomaron as rúas, sobre todo na vila de Verín. É un dos actos máis multitudinarios do Entroido, co que se dá a benvida aos días grandes da festa. Troula e diversión ata altas horas da mañá.

En Xinzo, onde acaban de declarar o seu Entroido de Interese Turístico Internacional, o único de Galicia, comezaron os días grandes hoxe os nenos, co desfile dos colexios públicos e as garderías de toda a comarca da Limia. Moita creatividade, enxeño e emoción o que se viviu hoxe nas rúas da vila, cheas de cor e ledicia.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019