CRTVG

Buscar

O Entroido toma o Obradoiro

Publicado o 07/09/2019 15:06

Máis de 400 participantes no 5ª Desfile de Entroidos de Galicia

Estamos en pleno mes de setembro pero no Obradoiro xa se respiran aires do Entroido. Este era o son que animaba os turistas que visitaban a capital galega. O Quinto Desfile de Entroidos de Galicia reuniu en Santiago pantallas, cigarróns ou xenerais do Ulla para dar a coñecer os coloridos e a tradición do Carnaval galego. Hai máis de 400 representantes dos seis entroidos declarados Festa de Interese Turístico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019