CRTVG

Buscar

O Entroido faise sentir con toda a súa troula en Galicia

Publicado o 03/03/2019 12:13


O Entroido faise sentir con toda a súa troula nesta xornada de sábado. Día para tirar de perrucas e atavíos e rirse dun mesmo. Os desfiles sucéndense por vilas e cidades, como aí en Ourense.

Estamos nun deses días grandes e a noite promete ser longa. Aquí na cidade de Ourense temos unha boa mostra, pero escenas coma estas podemos atopalas en toda a provincia.

Cun ánimo incombustible, os veciños de Xinzo festexan o cuarto sábado do seu prolongado Entroido, declarado este mesmo ano Festa de Interese Turístico Internacional. A uns quilómetros, en Maceda, os felos percorreon as aldeas recónditas da Serra de San Mamede.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/03/2019