CRTVG

Buscar

O entroido de verán chega a Redondela cargado de propostas infantís

Publicado o 24/08/2019 21:36

Concertos, obradoiros, maxia, baloncesto... este ano o entroido de verán chegou a Redondela cargado de propostas infantís. Familias enteiras poideron gozar na Alameda e na Xunqueira dos espectáculos programados para o público máis novo ata ben entrada a tardiña.

A partir de agora chega a programación adulta con concertos e animación nas principais rúas e prazas do centro da vila. Será o fin de festa dunha das citas máis agardadas do verán en Redondela na que participa xente de todas as idades e con moitas ganas de pasalo ben. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019