CRTVG

Buscar

O Ensino xogará por primeira vez competición europea logo de eliminar ao Campobasso italiano

Publicado o 01/10/2021 10:33

O Durán Maquinaria Ensino xogará por vez primeira unha competición Europea, a fase de grupos da Eurocup logo de eliminar na fase previa o Campobasso italiano.

As luguesas debían remontar a derrota por un punto que colleitaran en Italia e lograron vencer con solvencia. 66 a 55 foi o resultado final. 11 puntos de diferenza.

O apoio dos seareiros que se achegaron ao Pazo resultou fundamental. Bahi, con 16 puntos, e White, con 12, foron as máximas anotadoras no Ensino.

Na fase de grupos, o Ensino medirase a Valencia e a dous equipos belgas: o Natur Capitale e o Kangoroes Básket. O Ensino xa está en Europa.

Noticias web

01/10/2021