CRTVG

Buscar

O Ensino suma en Gran Canaria o noveno triunfo da temporada

Publicado o 10/01/2021 14:16

Na Liga Feminina, o Durán Maquinaria Ensino sumou o noveno triunfo da temporada. Foi na pista do Gran Canaria, cun desenlace moi axustado. As lucenses tiveron dez puntos de renda no último cuarto pero víronse obrigadas a afrontar un final a cara ou cruz. Foi decisiva a base Stanacev, con 12 puntos e 9 asistencias, e Vega Gimeno, a máxima anotadora do partido con 20 puntos. Coa vitoria, o Ensino ocupa provisionalmente o sétimo posto da clasificación.

Noticias web

10/01/2021