O Ensino, en cadro polas lesións, nas vésperas do segundo partido da liguiña da Eurocup
• Só ten cinco xogadoras profesionais para xogar ante o Mechelen
Primeiro partido da EuroCup na casa e colle o Ensino en precario. Por culpa das lesións o equipo lugués só ten cinco xogadoras dispoñibles do cadro profesional.
Fernán Varela, segundo adestrador do Ensino: "Non estamos nas condicións que nos gustaría a todos pero temos un cadro versátil e podemos facer un quinteto para competir"
Botará man de tres xogadoras en formación para recibir ó Mechelen belga. O escenario é o mesmo que presentaba un excelente ambiente o domingo para o Breogán-Real Madrid, que tamén presenciaron as xogadoras do Ensino.
Fernán Varela, segundo adestrador do Ensino: "O outro día foi unha maravilla ver o Pazo no partido do Breogán. A nós gustaríanos notar o apoio da afección como o día da previa da EuroCup""
Na pista o Ensino porá todo da súa parte contra un rival duro.
Fernán Varela, segundo adestrador do Ensino: "Ao Mechelen vímolo competir a un nivel moi alto contra o Valencia. As xogadoras que temos dispoñibles contan coa capacidade, o nivel e a implicación para saír a tratar de gañar"
Gañaron o dereito a unha marxe de confianza coa vitoria lograda fóra da casa na estrea da competicón.