O Ensino resolve no último cuarto diante do Bembibre
O Ensino logrou a cuarta vitoria da temporada, un triunfo fundamental diante do pechacancelas Bembibre que viña de catro derrotas seguidas pero vendeu cara a súa pel.
O 0-5 facía presaxiar que non ía ser un partido doado (18-23 no primeiro cuarto). O Ensino púxose por diante no segundo (27-25) pero foi incapaz de deter a Rhine (11 puntos) e Higgs (9) nese segundo cuarto. Só Hempe (máxima anotadora do primeiro tempo con 14 puntos) mantiña o Ensino no partido (37-39).
O terceiro cuarto mantivo a mesma tónica, co Bembibre manexando vantaxes de ata 7 puntos. Foi no derradeiro período cando espertou o Ensino. 9 puntos de Hempe de inicio e unha tripla de Laura Aliaga permitíronlle coller unha pequena vantaxe (63-59) pero o partido só se decidiu coa tripla de Vega Gimeno a dez segundos do final.