CRTVG

Buscar

O Ensino prepárase para xogar a eliminatoria previa á Eurocup

Publicado o 21/09/2021 21:57

A ida celébrase este xoves na cancha do Campobasso italiano e a volta a semana seguinte en Lugo

Lugo pide paso en Europa. O Ensino está a unha eliminatoria de xogar esta temporada a EuroCup, a segunda competición de baloncesto a nivel continental.

Alba Prieto: "É unha o oportunidade incrible e é algo moi ilusionante tanto para o club como para as xogadoras"

Trátase dunha eliminatoria de ida e volta co segundo partido na casa. O rival é o Campobasso italiano, ben coñecido pola base do Ensino Alessandra Orsili.

Orsili: "É un equipo moi ambicioso. Coñezo as xogadoras, son amigas miñas e son boas, pero creo que nós somos favoritas"

A derrota a pasada fin de semana fronte ó Baxi Ferrol na final da Copa Galicia non desanima o Ensino. Este é un premio á gran temporada pasada e queren gozalo.

Miguel Angel Ortega, adestrador: "Estou moi contento coa actitude e o esforzo que están a demostrar. A ver que equipo podemos chegar a ser".

O Ensino recupera efectivos pero non contará con Tamara Albalde, que aínda non participa nos adestramentos.

Noticias web

21/09/2021