CRTVG

Buscar

O Ensino perde no Pazo con só cinco xogadoras do primeiro equipo

Publicado o 22/10/2021 11:16

O Ensino deuno todo, pero non puido pelexar contra os elementos. Gañar o partido de onte era case un imposible.

Pero as xogadores de Miguel Ángel Ortega non renunciaron en ningún momento a pelexar pola vitoria. Só contaban con 5 xogadoras do primeiro equipo e 3 júniors, e mentres aguantaron as forzas, foron por diante no marcador.

A destacar o papel da júnior Paula Hoyuelos, que anotou oito puntos no segundo cuarto. No recomezo o Ensino foi quedando sen forzas e as belgas impuxéronse por un claro 50 a 69.

O próximo xoves, o Ensino medirase co Valencia, o líder do grupo.

Noticias web

22/10/2021