CRTVG

Buscar

O Ensino malla no Gran Canaria cunha Hempe estelar

Publicado o 18/10/2020 09:55

Triunfo cómodo do Durán Maquinaria Ensino sobre Gran Canaria por 92-57. 35 puntos de diferenza que deixan ás claras a superioridade manifesta do equipo lucense. O partido non tivo máis historia que a do gran xogo ofensivo do Ensino que se foi por riba dos 10 puntos no primeiro cuarto (25-12) e o único que fixo foi incrementar a diferenza conforme pasaban os minutos. 

Extraordinario partido de Merrit Hempe con 23 puntos e 9 rebotes (36 de valoración) ben secundada por Vega Gimeno e Bea Sánchez. O Ensino acada o segundo triunfo en cinco xornadas. 

Noticias web

18/10/2020