CRTVG

Buscar

O Ensino logra a primeira vitoria na liga

Publicado o 10/10/2019 17:26

Primeira vitoria do Durán Maquinaria Ensino na liga feminina. O equipo que adestra Xoán Nécega superou o Zamora por trece puntos, cincuenta e nove-corenta e seis.

Terceira xornada de liga. A estrea no Pazo dos Deportes. Ingifa meteu a canastra do partido, pero soara a bucina e non valeu. A destacar no equipo local a actuación da base serbia Stanacev, con doce puntos, e especialmente o acerto da alacantina Laura Aliaga, con catorce puntos.

O Durán Maquinaria Ensino xogará esta fin de semana en Xirona, visita o vixente campión de liga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019