CRTVG

Buscar

O Ensino lamenta un mal último cuarto e perde na pista do Al Qázeres (77-74)

Publicado o 28/11/2020 10:56

Paso atrás do Durán Maquinaria Ensino nas súas aspiracións de xogar a Copa da Raíña coa derrota na pista do Al Qázeres (77-74), un equipo que loita por saír das últimas posicións. 

O partido comezou mal para as lucenses incapaces de parar a Christinaki no primeiro cuarto (17 puntos da xogadora local e 28-21 no marcador). Co paso dos minutos a defensa foi mellorando e as lucenses fóronse metendo no partido (45-41 no descanso) ata que no terceiro cuarto colleron o mando do encontro.

O Ensino chegou a ter unha máxima vantaxe de 7 puntos ao principio do último cuarto (55-62 a 8:30 para o final), pero nese intre todo mudou. Foron máis de catro minutos sen anotar nos que recibiu un parcial de 15-1 (70-63 a 3:50). O Ensino tentou reaccionar e púxose a un punto no último minuto (73-72 e 75-74) pero non puido conseguir o triunfo. 

Noticias web

28/11/2020