CRTVG

Buscar

O Ensino ficha a Marzia Tagliamento

Publicado o 30/01/2019 19:30

Baloncesto. O Ensino ficha a italiana Marzia Tagliamento. A escolta procede do Dike Basket de Nápoles e chega para substituír no cadro a Ángela Salvadores, operada o pasado martes da man dereita. Asina polo que resta de temporada. Tagliamento, que promedia once puntos e tres rebotes por partido, porase mañá ás ordes de Nécega e podería debutar esta fin de semana ante o Baxi Ferrol, na Malata.

Noticias web

30/01/2019