CRTVG

Buscar

O Ensino encoméndase á volta no Pazo para estar na Eurocup

Publicado o 24/09/2021 10:52

Onte perderon pola mínima 65-64 na pista do Campobasso

E en baloncesto feminino, dentro de 6 días o Durán Maquinaria Ensino deberá gañar no Pazo polo menos por dous puntos, para poder xogar a Eurocup.

Onte o Ensino, que vestiu de negro, perdeu pola mínima, 65 a 64, na pista do Campobasso. As italianas celebraron e moito o triunfo porque á falta de dous minutos as luguesas vencían por seis puntos.

As bancadas do Pazo deben encherse o próximo xoves para que o Ensino poida xogar a Eurocup. Daquela, poida que o Ensino xa poida contar con Tamara Abalde. Onte en Italia acadaron un bo resultado. Queda resolver a eliminatoria na casa. 

Noticias web

24/09/2021