CRTVG

Buscar

O Ensino comeza a súa aventura europea con só sete xogadoras

Publicado o 13/10/2021 13:27

O Ensino enceta a súa aventura europea na liguiña da Eurocup Feminina coa dificultade extrema de combinar competicións e contra un rival do que ten pouca información.

Helena Oma, a xogadora con máis minutos en pista do Ensino no que vai de liga, terá que achegar máis á súa decisiva contribución no xogo das luguesas, nun momento en que as baixas lastran o equipo de Miguel Ángel Ortega.

A aleiro catalá, que chegou en xaneiro ao Ensino tras superar unha lesión múltiple no xeonllo esquerdo mentres xogaba no Uni Xirona, é peza clave dun equipo que, malia a competición continental, segue tendo na Liga a súa prioridade.

O partido Basket Namur-Ensino xógase mañá na capital da rexión belga de Valonia a partir das oito e media do serán.

Noticias web

13/10/2021