CRTVG

Buscar

O Ensino agarda meterse este xoves na liguiña da EuroCup

Publicado o 29/09/2021 21:33

As xogadoras do Ensino están convencidas. Co apoio da bancada, a experiencia de Italia nos detalles e a autoconfianza poden gañar o partdo de volta e meterse na liguiña da EuroCup.

Helena Oma: "Temos o talento suficiente para gañar. Os pequenos detalles vannos axudar e o apoio da afección será clave. A dalo todo e a polo partido".

Basta cunha vitoria por dous puntos. Na pista do Campobasso a última canastra non entrou e perderon por un, 65-64. Non hai moitas contas que botar.

Miguel Ángel Ortega, adestrador do Ensino: "Non hai mal que por ben non veña. Hai que saír a gañar, gañar ou gañar. Non hai outra".

María Eraunzetamurgil: "A diferenza de puntos é a mínima. Imos a gañar si ou si".

A baixa de Alba Prieto, xogadora de referencia, terá que compensare dalgunha maneira.

María Eraunzetamurgil: " Que se anime a xente a vir e darnos forza".

Miguel Ángel Ortega, adestrador do Ensino: "É un contecemento moi bonito de vivir".

Europa está moi cerca. A un tiro de diferenza, para vivir a temporada máis ilusionante do Ensino.

Noticias web

29/09/2021