CRTVG

Buscar

O Ensino acusa as baixas co Cadí La Seu

Publicado o 29/12/2019 15:59

Na Liga feminina, o Durán Maquinaria Ensino caeu na súa visita á cancha do Cadí La Seu. As luguesas acusaron as baixas coas que chegaron ao encontro, só tiñan oito xogadoras, e só plantaron cara no terceiro cuarto. 18-14 no primeiro, 43-27 no descanso. Pero á volta dos vestiarios o Ensino enganchou un parcial de 14-22 e colocouse a oito puntos. As catalás cortaron aí a remontada e gañaron por 74-68. Laura Aliaga foi a máxima anotadora con 18 puntos, e Bea Sánchez acadou 19 de valoración.

Noticias web

29/12/2019