CRTVG

Buscar

O endurecemento das restricións en Vilalba non sorprende tras o aumento de contaxios

Publicado o 20/11/2020 13:53

O endurecemento das restricións non sorprende os veciños. 

 "Xa cando había 50 ían subindo, eu xa imaxinaba que ían pechar a vila e a hostalería". "Ao aumentar para arriba era visto". "Ben, a saúde é o primeiro". "Eu non vexo ben que pechen a vila, é a ruína".

A vila leva dúas semanas de escalada de contaxios, que se dispararon co gromo na residencia con máis de 130 infectados.

"Teño a miña tía, preguntei agora como estaba e dixéronme que asintomática e na enfermería". "É que non son un caso ou dous illados". "Non estamos tranquilos".

A situación da residencia é o que máis preocupa. O centro foi intervido pola Xunta e parte dos usuarios foron derivados á residencia do Centro Galego de Desenvolvemento Integral. 

"Chegaron seis ambulancias seguidas, e impón un pouco".

Baixo vixilancia tamén estaba Sarria, onde de momento non se aplica o peche.

 

Noticias web

20/11/2020