O encoro de Cachamuíña estase a converter nun alivio para os ourensáns tras mes e medio de restricións
Publicado o 23/11/2020 20:34
O encoro de Cachamuíña, situado a pouco máis de nove quilómetros do centro da cidade de Ourense, no concello limítrofe do Pereiro de Aguiar, estase a converter nun pequeno refuxio para os ourensáns que buscan escapar un pouco do peche urbano.
Despois de mes e medio das duras restricións en Ourense cada vez máis xente escolle Cachamuíña para estar en contacto coa natureza.
E a principios do ano que vén este espazo contará tamén con 5 casiñas para aloxarse e gozar deste entorno natural.
Tamén ao longo de 2021 Cachamuíña contará con novas infraestruturas, financiadas pola Deputación e o Concello do Pereiro. A idea é convertelo no gran pulmón verde de Ourense.