CRTVG

Buscar

O encoro das Portas está ao 18% da súa capacidade e os veciños sinalan as eléctricas

Publicado o 16/08/2021 14:31

O encoro das Portas,en Vilariño de Conso, está hoxe ao 18% da súa capacidade, cando o anos pasado nestas mesmas datas estaba a un 71%. Os veciños din que nunha o viron tan baixo, nin sequera no ano da seca, en 2017, e aseguran que sospeitan que están baleirando a auga para a produción hidroeléctrica.

Con sorpresa os veciños do Bolaño foron vendo como malia as chuvias a auga ía desaparecendo nós últimos meses, ata quedar nun 18 por cento da súa capacidade. Unha imaxe insólita do maior encoro da provincia de Ourense, As Portas, en Vilariño de Conso. Nestas mesmas es datas o ano pasado estaba nun 71% da súa capacidade total.

Tras o baleirado en encoros de Zamora e Cáceres, a veciñanza considera inaceptable o proceder das electrificas. Piden solucións para evitar a perda do caudal dos encoros mentres non para de subir a luz.

A empresa concesionaria da xestión do encoro, Iberdrola, a estas horas non deu resposta sobre o motivo desta drástica baixada do nivel da auga encorada en Vilariño de Conso.

Noticias web

16/08/2021