O Encestarrías reunirá en Vilagarcía a Obra, Burgos, Betis e o Alba Berlín de García Reneses
Publicado o 08/08/2019 16:37
Aíto García Reneses, o técnico máis laureado en canto a títulos, é a gran novidade nas festividades desta pretemporada en Vilagarcía de Arousa.
Desta volta, Fontecarmoa congrega equipos como o Obradoiro ou o Alba Berlín en catro partidos que se esperan que sexan a envexa da pretemporada.
Un evento na vila de referencia para o baloncesto que non ten un equipo na elite.
Así que xa saben, teñen unha cita importante co baloncesto o 6 e 7 de setembro, que non decepcionará a ninguén.