CRTVG

Buscar

O encarecemento da AP-9 multiplica o tráfico pola estrada nacional en Pontevedra

Publicado o 13/02/2019 18:05

A AP-9 perdeu case 8.000 usuarios diarios no tramo entre Pontevedra e Vigo. Cada vez máis condutores elixen vías alternativas para desprazarse entre estas cidades e evitar o pagamento do gravame. O tráfico nestas estradas está a ser moi intenso e xa supera o da autoestrada.

As sucesivas subas aplicadas a peaxe na AP-9 entre Pontevedra e Vigo estarían detrás da perda de usuarios que reflexan os últimos datos do Ministerio de Fomento. Respecto a 2017 a autoestrada perdeu case oito mil usuarios diarios que buscan vias alternativas para evitar o pagamento da peaxe.

O tráfico intensificouse de xeito importante na Nacional 550 entre Redondela e Pontevedra e na 554 por Vilaboa con 25.000 vehículos diarios. Unha cifra que xa supera os 22.000 que circulan a diario pola autoestrada.





 

Noticias web

13/02/2019