O encaracemento das materias primas fan case imposible cubrir os custos de produción no sector agrogandeiro
No 2015 Fernando púxose á fronte da explotación leiteira que os seus pais tiñan no lugar de Eiras no concello do Pino. Asegura que nestes seis anos non viviu unha situación tan mala. Agora mesmo o prezo en orixe está estabilizado, pero o encarecemento dos cereais, do gasóleo e da electricidade agravaron a situación ata un punto practicamente insostible.
No último ano o quilo de cereal encareceuse entre 1,5 e 2,5 céntimos e o gasóleo agrícola e a electricidade máis dun trinta por cento; uns incrementos que fan case imposible cubrir os custos de produción. Sindicatos e empresarios piden solucións.
Dende a CEG urxen a buscar unha solución para o sector agrogandeiro xa que segundo os seus cálculos esta escalada de prezos podería manterse durante polo menos un ano.