CRTVG

Buscar

Bos días

O empresario galego-arxentino Florencio Aldrey Iglesias inaugura en Mar de Plata un centro cultural e comercial de vangarda

Publicado o 30/10/2015 09:24

O empresario galego-arxentino Florencio Aldrey Iglesias acaba de inaugurar en Mar del Plata, provincia de Bos Aires, un centro cultural e comercial de vangarda co que cativar turistas arxentinos e estranxeiros.

As súas salas de cine de última xeración terán un papel protagonista no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata.

Florencio Aldrey Iglesias é un dos empresarios máis influentes da Arxentina.
Oriúndo da Coruña, Aldrey dirixe varios medios de comunicación arxentinos, como o diario 'La Prensa' ou o grupo La Capital, ademais de ter en propiedade diversos hoteis e inmobiliarias.

Agora, o imperio de Aldrey conta cun novo referente en Mar del Plata, cidade ao sueste de Bos Aires, coa inauguración do Paseo Aldrey.

Un centro comercial e cultural de 46.000 metros situado nunha vella terminal de autobuses e cuxas salas de cine de última xeración serán protagonistas na vindeira edición do Festival Internacional de Cine de Mar del Plata.

Florencio Aldrey Iglesias, empresario arxentino-galego

O gobernador da provincia de Bos Aires e candidato presidencial, Daniel Scioli, acompañou o que considera un grande amigo na apertura desta obra de enxeñaría de vangarda.

Daniel Scioli, gobernador da provincia de Bos Aires e candidato presidencial oficialista

O centro comercial abrirá ao público o vindeiro 14 de novembro.

A fama de Aldrey é ben coñecida polas entidades sociais e culturais galegas da Arxentina, coas que colabora asiduamente e que xa lle valeu a medalla de ouro da emigración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

30/10/2015