CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O empresario aéreo galego Chema Álvarez ponlle o nome de Eduardo Barreiros ao novo avión da compañía

Publicado o 30/11/2013 14:46


O novo Boeing 767-300 de Privilege Style leva o nome de Eduardo Barreiros, o empresario ourensán que entre os anos 40 e 60 fixo historia no mundo da automoción coa transformación patentada de motores de gasolina a diésel e a fabricación de camións e vehículos industriais.

O presidente de Privilege Style, o tamén galego Chema Álvarez, quixo renderlle homenaxe porque di que desde neno viu en Barreiros un modelo.

Este Boeing é o cuarto avión co que se fai a compañía de Álvarez, a primeira española de voos privados con avións de capacidade media.

O empresario leva dúas décadas no negocio e entre os seus clientes figuran a selección española de fútbol e os maiores touroperadores de España e Portugal.

Explica que antes de que a crise chegase a España tomou medidas. O ano que vén a compañía prevé facturar máis de 35 millóns e medio de euros.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí