CRTVG

Buscar

O empresariado galego na Arxentina ve con bos ollos o encontro Feijóo-Macri

Publicado o 25/02/2017 13:58

Consideran que a mellora das relacións bilaterais xerará beneficios en sectores estratéxicos e que Galicia funcionará como unha porta de entrada en Europa para o país austral

A Arxentina quere que España volva ser a primeira potencia inversora do país suramericano. E para iso, o presidente, Mauricio Macri, puxo todo o seu empeño nunha visita de Estado na que estivo acompañado por máis de 200 empresarios e onde Galicia xoga un rol estratéxico e protagonista.
O empresariado galego afincado na Arxentina amósase optimista e ilusionado ante as boas expectativas de negocio que se abren entre as súas dúas patrias,  logo de anos de estancamento durante o goberno dos Kirchner. 

Ambos países síntense aliados estratéxicos para acceder a outros mercados, e  creen que esta visita achegará posturas para resolver o tratado de libre comercio paralizado entre Europa e o Mercosur.

A mellora das relacións bilaterais beneficiará especialmente ó sector pesqueiro galego que aspira a ampliar a cota de negocio que xa ten co país austral, e onde España supuxo só no 2016, 479 millóns de dólares para A Arxentina. 

Pola súa banda, Macri xa amosou a súa bontade de establecer regras de xogo claras e estabilidade macroeconómica no país austral para recuperar a confianza dos investidores e achegarse así a esa choiva de investimentos extranxeiros á que aspira A Arxentina. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2017