CRTVG

Buscar

O empresariado do noroeste de España crea unha alianza para defender os seus intereses

Publicado o 14/03/2019 15:38

A creación desta nova alianza xestouse hai meses cando Galicia, Asturias e Castela e León decidiron loitar conxuntamente polo Corredor Atlántico. Agora son os empresarios os que toman a remuda para facerlle fronte ao esquecemento histórico que din sofre o noroeste.

Demandan melloras tanto nas infraestruturas de transportes como nas conexións dixitais. Agrupan polo de agora sete provincias, preto de 5 millóns de persoas, cunha mesma problemática.

Xuntas representan preto do 10 por cento do PIB. Unha alianza que din, máis que sumar, multiplica a súa capacidade de influencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019