CRTVG

Buscar

O Emevé xogará nas Superligas feminina e masculina de volei

Publicado o 23/05/2020 15:02

Por segunda vez en dous anos, o Emevé volve celebrar en diferido o seu ascenso á Superliga feminina de voleibol. A capitana Irene Yáñez explícanos as sensacións de festexar con posterioridade.

Irene Yáñez,  a capitá do Arenal EMEVE recoñece que "o malo de facelo nesta situación é que nós somos un equipo e no equipo hai valores que non son soamente xogar, senón poder celebralo entre nós, que agora mesmo é imposible".

Con este ascenso, Lugo convértese na referencia do voleibol a nivel estatal ao ser a única cidade do país con representación na elite feminina e masculina.

Juan Villar, o Director Deportivo do Arenal EMEVE dixo que. "o orgullo de club non só son os dous equipos de Superliga masculina e feminina que por suposto que o son, porque a nosa idea é que como mínimo os dous equipos teñan a metade da plantilla con xente de Lugo, xente criada na canteira do clube, senón que as categorías inferiores seguen dando os seus froitos."

De ahí que tanto Juan coma Irene coincidan en recoñecer as enormes posibilidades de futuro que se lle presentan ao EMEVE coa experiencia acumulada de hai dúas temporadas, máis os reforzos que cheguen.

Irene Yáñez, capitá do Arenal EMEVE. "Si que é certo que nós temos todas un par de anos máis que sempre se agradece porque é madurez na competición, son moitos máis os partidos que levas xogados, e como equipo, está máis compenetrado."

Juan Villar, Director Deportivo do Arenal EMEVE. "Vamos ter que gastar máis cartos nas xogadoras, tentar seguir coa base do ano pasado e facer algún reforzo que sexa o que lle día ese salto de calidade."

EMEVE. O equipo fai honor ás siglas que o identifican como o mellor equipo de voleibol de España.

Noticias web

23/05/2020