O Emevé regresa á Superliga de voleibol cun claro triunfo sobre o Manacor
Publicado o 10/01/2021 10:12
Esta fin de semana retomouse a superliga masculina de voleibol, aínda que só xogou un equipo galego. O Emevé derrotou en Lugo o Manacor por tres sets a cero. O resultado foi 25-22 25-13 e 25-17. A vitoria déixao de sétimo con vinte puntos. O Rotogal Boiro non disputou o seu partido contra o Almoradí por casos de coronavirus.