O Emevé feminino gáñalle ao Cartaxena por 3-0 e achégase á salvación
Publicado o 21/02/2021 09:46
Na superliga feminina de voleibol, o Arenal Emevé acadou unha vitoria importante na loita pola salvación. As luguesas venceron na casa o Cartaxena, o pechacancelas. Fixérono por tres sets a cero, cun resultado de 25-17, 25-15 e 25-19.