CRTVG

Buscar

O Emevé cae na casa ante o Sant Cugat

Publicado o 10/02/2021 21:55

O Emevé Lugo perdeu na casa ante o Sant Cugat por tres sets a cero e as luguesas son antepenúltimas na clasificación. Foi un partido máis igualado do que amosa o tanteador.

O primeiro set foi para as catalás por 25-27, no segundo a diferenza foi moito máis clara 12-25 e no terceiro e definitivo volveu a igualdade ata o final cun 22-25.

Séguese a resistir esa vitoria que lles garanta a permanencia ás luguesas.

Noticias web

10/02/2021