O Emevé acada diante do Barcelona a terceira vitoria consecutiva
Publicado o 31/10/2020 20:06
O Emevé de Lugo conseguiu diante do Barcelona a terceira vitoria consecutiva na Superliga de Voleibol. Despois de dous triunfos agónicos foi o encontro que resolveu o cadro lucense dun xeito máis cómodo (20-25, 25-20, 25-19, 30-28).
O Emevé sube postos na clasificación diante dun rival directo pola permanencia.