O Emerald Leader remata o período de corentena e estará operativo nas próximas horas
Publicado o 20/05/2021 15:32
Nas próximas horas volverá estar operativo no porto de Vigo o buque Emerald Leader, sometido desde o pasado día 7 a un período de corentena. O buque portacoches, con bandeira das Bahamas, levaba no peirao de granito de Rande desde o pasado 7 de maio cando se detectaran varios positivos por coronavirus entre a súa tripulación. A día de hoxe, nove dos tripulantes seguen ingresados, aínda que non presentan sintomas graves, e evolucionan favorablemente. O buque volverá estar operativo nas próximas horas logo de que se proceda á súa desinfección e ao cambio da tripulación