'O electo' e 'Fariña', estreas teatrais desta fin de semana en Carballo e A Coruña
Publicado o 25/10/2019 15:39

Dúas estreas teatrais galegas para esta fin de semana: O electo, de Candidó Pazó, unha comedia sobre o poder político que se poderá ver no FIOT; e Fariña, a agardada versión escénica do libro de Nacho Carretero, con dirección de Tito Asorey. Tan agardada que as entradas ás 4 sesións desta fin de semana están esgotadas.