CRTVG

Buscar

O Ejido será o rival do Burela na loita por estar para o ano na máxima categoría

Publicado o 01/06/2021 16:39

O Durán Ejido Futsal será o rival do Pescados Rubén Burela no play-out tras perder onte contra o Manzanares (2-1) na fase de ascenso á Primeira División do fútbol sala estatal.

A primeira cita será o sábado 5 ás 18:00 da tarde no Municipal el Ejido. En total será tres partidos nunha eliminatoria na que o equipo que loita por ascender, neste caso o Ejido, ten o factor campo ao seu favor.

Aínda así, o Burela pretende dar loita e encamiñar o obxectivo da salvación cun golpe enriba da mesa gañando o primeiro partido.

Foto: Twitter Pescados Rubén Burela FS

Noticias web

01/06/2021