CRTVG

Buscar

O Eibar e o Huesca empatan nun duelo pola permanencia

Publicado o 27/02/2021 20:29

SD Eibar 1-1 SD Huesca Eibar e Huesca asinaron as táboas en Ipurúa nun encontro cargado de electricidade polo moito que teñen en xogo os contendentes. É por isto que o empate a uns non saca de pobre a ningún dos equipos.

O Eibar, que dispuxo das ocasións máis claras nos primeiros minutos do encontro, segue sen gañar oito xornadas despois. Kike García perdoou por partida dobre e Pedro León mandou ao longueiro un disparo que apuntaba a celebración.

Con todo, o mellor do encontro estaba por vir. Houbo que agardar, iso si, aos minutos finais. O Husca, que non inquedara a Yoel en toda a segunda metade, conseguiu abrir o marcador no minuto 81. Ferreiro iniciou a xogada cun detalle de calcaño que recolleu Maffeo. O defensa catalán deixouna atrás para que rematase Rafa Mir, pero foi Sandro quen a mandou ao fondo da rede. O dianteiro levaba uns minutos no campo.

Pouco lles durou aos de Pacheta a ilusión de verse fóra do descenso. Dous minutos tardou o Eibar en augárlle-la festa cunha acción a balón parado que Diop culminou de cabeza.

Os bos reflexos de Álvaro Fernández evitaron a vitoria dos visitantes co tempo practicamente cumprido. Á espera do que fagan mañá Elxe e Valladolid, os de Mendilíbar dormen fóra do descenso.

Noticias web

27/02/2021