CRTVG

Buscar

O Edugal volve a Pontevedra para axudar a mocidade a decidirse por unha profesión

Publicado o 28/02/2019 15:20

Son adolescentes que buscan axuda para tomar unha decisión transcendental: que estudar. En EDUGAL intentan que atopen resposta nalgún dos 56 expositores que mostran a súa oferta educativa. Pode que queiran ser pilotos, ou cociñeiros, acuicultores, actores ou militares e descoñecen onde e como.

Destaca a presenza de varios centros de FP con variedade de ciclos e cursos. E tamén están as tres universidades públicas galegas. E ademais de información, nos diferentes postos tanto institucionais como privados, os asistentes poden ver e participar en demostracións prácticas e charlas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019