CRTVG

Buscar

O Ecuador recupera a normalidade tras once días de protestas

Publicado o 14/10/2019 21:37

O Ecuador recupera pouco a pouco a normalidade tras once días de protestas que deixaron cinco mortos O Goberno de Lenín Moreno derrogou o decreto de axustes económicos que incluía unha suba do prezo dos combustibles, tras o acordo acadado cos líderes indíxenas.

Finalizan así once días de mobilzacións e enfrontamentos entre manifestantes e as forzas de seguridade. O Goberno chegou a declarar o estado de excepción e decretou o toque de queda en Quito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019