CRTVG

Buscar

O ébola ameaza unha cidade cun millón de habitantes no Congo

Publicado o 16/07/2019 09:38

O ébola avanza pola zona leste do Congo. Causou xa 1.600 mortos e chegou a Goma, unha das maiores urbes do país, cun millón de habitantes.

A Organización Mundial da Saúde confirma o primeiro caso nesta cidade. A vítima é un pastor evanxelista que viaxou en autobús desde unha zona afectada pola pandemia. O paciente está illado e o resto dos pasaxeiros do autobús identificados.

Goma levaba meses preparándose para a chegada do ébola, coa posta en marcha de medidas adicionais de hixiene.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019