CRTVG

Buscar

O ebanista Frank Buschmann, gañador do Premio de Artesanía de Galicia 2019

Publicado o 16/12/2019 15:21

O alemán Frank Buschmann, que reside desde hai anos en Corcubión, recolleu o Premio Artesanía de Galicia 2019 polas súas creacións como ebanista. Este recoñecemento supón estímulo, di, para seguir traballando.

O oleiro tradicional Agustín Vázquez Ferreiro, gañador do Premio Traxectoria, tamén celebrou o seu galardón.

A gañadora do premio Bolsa Eloy Gesto, a artesá Minia Banet, pensa que o recoñecemento pode abrirlle novas portas.

Os tres recolleron os seus premios nunha cerimonia en Santiago, á que asistiron, entre outros, o conselleiro de Economía e o presidente do Parlamento de Galicia.

Noticias web

16/12/2019