CRTVG

Buscar

O Durán Maquinaria Ensino, listo para volver á elite

Publicado o 11/10/2018 16:53

Do balonmán ao baloncesto. Comeza a temporada na liga feminina con dous representantes galegos. O Baxi Ferrol e o Durán Maquinaria Ensino. O cadro lucense regresa á elite despois de once anos.

Once anos despois, o Ensino volve á elite do baloncesto feminino cun firme obxectivo. O seu técnico, Xoán Nécega, anuncia un equipo. A capitá Rocío Varela ten clara a súa misión. A voz da experiencia pona Regina Gómez, a única supervivente do Ensino que descendeu en 2007. A santiaguesa prognostica unha liga igualada e ve o equipo capaz de todo. Un equipo, unha soa voz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018