CRTVG

Buscar

O doutor Vela, responsable do roubo de bebés pero absolto por prescrición

Publicado o 08/10/2018 11:52
O doutor Vela, responsable do roubo de bebés pero absolto por prescrición

A Sección Sétima da Audiencia Provincial de Madrid absolveu o doutor Eduardo Vela dos delitos de detención ilegal, suposición do parto e falsidade documental en relación cun caso de bebés roubados de 1969.

Nunha sentenza notificada hoxe, os maxistrados considérano responsable dos citados delitos, pero absólveno ao entender que están prescritos. Consideran como data de prescrición o momento no que a denunciante alcanzou a maioría de idade.

Vela foi director da clínica San Ramón, considerada o epicentro do armazón do presunto tráfico de nenos. Na vista oral, o acusado negou os delitos que se lle imputan e o seu defensa alegou prescrición, algo do que xa se pronunciou en sentido contrario a Audiencia madrileña.

No xuízo, o fiscal mantivo a súa petición de condena de once anos de prisión polos delitos de detención ilegal, suposición de parto e falsificación de documento oficial. No seu informe, destacou que o caso de Inés Madrigal, a denunciante, neste caso concreto, permitiu coñecer o fenómeno dos nenos roubados, xa que se trata de "un caso claro de tráfico de nenos" e é un asunto merecedor de "reproche penal".

Para a fiscal, a prescrición alegada pola defensa no xuízo e na instrución non se dá, dado que ao seu xuízo a conduta ilícita non cesaría. A Audiencia xa expuxo nun resolución anterior que os delitos dos que se acusa ao doutor Vela están vinculados ao delito de falsidade, que non prescribe. Esta infracción penal impútaselle por falsificar o parte de nacemento da denunciante. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2018