CRTVG

Buscar

O dous de abril comeza a campaña da Renda do 2018 con algunhas novidades

Publicado o 31/03/2019 22:02

Este ano espéranse uns 20 millóns de declaracións da renda e o 70% sairán a devolver.

Entre as novidades está a suba ata 1.000 euros da dedución por maternidade por gastos en gardería.

Nesta campaña sobe o límite excluínte na obriga de declarar, no caso de ter máis dun pagador, ata os 12.643 euros.
Este ano é obrigatorio declarar as bolsas de estudos superiores a 6.000 euros anuais no segundo ciclo universitario e a 21.000 no terceiro.

Os autónomos poderán deducir as facturas de auga, gas, luz, teléfono ou Internet se traballan na súa vivenda e mesmo algúns gastos en hostalería.

Dende Facenda lembran que nesta campaña é obrigatorio incluír as rendas percibidas polo alugueiro de vivendas turísticas.

Noticias web

31/03/2019