CRTVG

Buscar

O donxoán de Marín rexeita calquera acordo coa acusación no xuízo de Burgos

Publicado o 12/10/2017 14:04

O donxoán de Marín si se presentou ao xuízo rápido que tiña en Burgos por violencia machista, pero rexeitou calquera pacto ou acordo coa acusación. Así que terá xuízo ordinario por este caso. As acusacións pídenlle dez meses por malos tratos, nove meses por coaccións, e 30 días de localización permanente por supostas inxurias.

A vítima asegura que os dous meses que conviviu con Rodrigo Nogueira foron un inferno, que a deixaba encerrada na casa e que as vexacións eran constantes, cunha conduta que cualifica de malos tratos habituais. Rexeitada onte toda posibilidade de acordo, o xuízo ordinario será en decembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017