CRTVG

Buscar

O dono dun can perigoso que paseaba só pola rúa terá que pagar unha multa de 2.500 euros

Publicado o 11/01/2019 14:23

Case dous mil cincocentos euros. É a sanción que terá que pagar un veciño de Vigo propietario dun can perigoso que paseaba solto pola rúa. A Policía Local de Vigo recibiu o requirimento dunha persoa que alertaba dun can potencialmente perigoso na rúa Pizarro. Os axentes comprobaron que se trataba dun staffordshire terrier que andaba solto e sen bozo e procederon a identificar o propietario e á sanción correspondente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019