CRTVG

Buscar

O dono do boleto de lotería premiado na Coruña, xa falecido, puido ser estafado polo loteiro

Publicado o 03/08/2019 15:36

A policía conseguiu identificar o lexítimo dono do boleto de lotería premiado en 2012 na Coruña. Cren que é un home xa falecido, que puido ser estafado polo xerente da administración onde foi comprobar o boleto. Jacobo Pérez.

O que sempre pensaron é que o boleto premiado con 4,7 millóns de euros quedara por erro abandonado na administración de lotería. Iso foi o que contou o vendedor. Pero despois de sete anos, a policía dá por seguro que o dono do boleto era un home que xa faleceu. Segundo os investigadores, esta persoa acudiu á administración para ver se tiña premio. Pero o xerente enganouno e entregoulle ao cliente outro premio menor. O vendedor de lotería di que ten explicación para todo.

O colectivo de vendedores de lotería está molesto porque cre que o caso do vendedor da Coruña pode poñer en dúbida o seu bo facer profesional.


 

Noticias web

03/08/2019